Bullfight, o documental chega a Galicia

Unha visión realista do que ocorre dentro dunha praza de touros unha vez se abre a verxa feito película, conversamos co director Iago Prada

Bullfight, o documental sobre tauromaquia, chega ás pantallas galegas logo dun ano de estreos por Europa. Tivemos a oportunidade de conversar co director, o coruñés Iago Prada, que nos explica que “todos os días saía alguén chorando da sala polo impresionante que é a película tanto polas imaxes coma polo son e o que conta o narrador”.

Bullfight foi xa presentado en países como Francia, Bélxica e República Checa, e as reacción foron duras. O documental amosa o que ocorre dentro da praza, gravado con equipos durante unha tourada, para simplemente dar información, e que cada un xulgue. Xa que logo, o coñecemento sobre esta práctica é reducido. “En España as veces os propios antitaurinos non saben o que ocorre dentro da praza“, pero Prada continúa, “cando chegamos a Europa a xente non sabía se o que se fai na praza é algo que xa se extinguiu, se se segue facendo…”.

Só en 2017, morreron 7.240 animais en 1.356 “festexos” taurinos no estado español. España é un dos 11 países do mundo nos que continúa legalizada a tauromaquia, entre os que se inclúen Francia, Portugal e algúns veciños de América do Sur, pero é no que máis actividades deste estilo se producen. Iago Prada, a nivel personal, ve na tauromaquia reflexadas “xerarquías, xente que cree que ten o dereito a matar a outro ser inferior”, e engade que “velo feito espectáculo xa é o extremo“.

Nos vindeiros meses, faránse presentacións do documental en cidades como Huesca, Alicante, iruña e GUadalajara. Máis información, prema aquí.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego