Bugallo sobre as denuncias do PP contra Compostela Aberta: “A política ten estas circunstancias”

Unha de cal e outra de area do candidato socialista á alcaldía de Santiago sobre a polémica dos contratos menores: "Compostela Aberta non pode alegar dignidade ferida"

- Publicidade -

Tras participar nun almorzo informativo no que o protagonista era o delegado do Goberno en Galicia, Xosé Sánchez Bugallo tivo que responder ante os medios de comunicación pola polémica xerada trala denuncia do Partido Popular no concello de supostos tratos de favor a familiares e amizades de Compostela Aberta.

O candidato socialista á alcaldía de Santiago lamentou que situacións como esta xera polémicas “moitas veces inxustas” e reclamou “prudencia e respecto”. Porén, o que tamén fora rexedor compostelán afirmou non contar cun coñecemento persoal profundo do asunto. Agora ben, tamén quixo indicar que Compostela Aberta non pode sentirse “ofendida” polas insinuacións do grupo que dirixe Agustín Hernández xa que Noriega chegou ao goberno municipal con denuncias “implacables e moitas veces inxustas”.

Cando foi máis explícitamente interpelado por un compañeiro xornalista sobre a ausencia de irregularidades nas denuncias do PP, Bugallo indicou que que Compostela Aberta non pode sentirse “ofendida” polas insinuacións do grupo que dirixe Agustín Hernández xa que Noriega chegou ao goberno municipal con denuncias “implacables e moitas veces inxustas”.

Martiño Noriega avisa que nos vindeiros meses “choverán querelas”

E de novo, o alcalde de Santiago negou ante os medios de comunicación calquera trato de favor durante esta lexislatura e responsabilizou directamente a Feijóo das investigación sobre os entornos privados de membros de Compostela Aberta e deixou claro que, de aquí a maio, choverán querelas. “A verdade non vai con eles” resaltou o rexedor compostelán a través dunha mensaxe nas redes sociais

- Publicidade -