Bugallo: “Debemos aproveitar este tempo para repensar algúns elementos do modelo turístico”

Falamos co alcalde de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo, do plan de reactivación do Concello e da aposta pola cultura de proximidade e un turismo de "maior calidade"

Cultura neste verán: “Imos facer unha aposta pola proximidade, en parte polas propias circunstancias. Van estar limitados os aforos dos espectáculos, que vai ser menor. Polo xeral, non ten sentido gastar 100.000€ nun espectáculo cando só 600 persoas poden desfrutar del.”

Reactivación do turismo: “Debemos aproveitar este tempo para repensar algúns elementos do modelo turístico da cidade. Facer unha aposta polo turismo de estadía máis longa e maior calidade turística.”

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

As demandas da hostalaría: “A hostalaría estase vendo moi afectada pola crise; as medidas que adopta o goberno en canto ao aforo e medidas de seguridade complican moitísimo á situación. (…). A ampliación das terrazas é un tema complicado, porque temos que cumprir coa normativa de seguridade non só para as terrazas, tamén para quen anda pola beirarrúa.”

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -