Brundibár: a ópera para a memoria histórica

Memoria histórica, ópera e ensino

O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, presentou en rolda de prensa xunto á profesora Adela Maroño, a unidade didáctica que esta e outra mestra, Mercedes Blanco, prepararon sobre o mundo da ópera Brundibár de Hans Krása. No acto tamén participaron o presidente da Asociación de Amigos da Ópera, Jesús Couceiro, e o secretario da mesma, José María Miranda.

A ópera infantil Brundibár realizouna Hans Krása en 1938 para un concurso do Ministerio de Educación da antiga Checoslovaquia. Foi perseguido polo réxime nazi como outros tantos músicos, directores de orquestra e intérpretes xudeus durante a Segunda Guerra Mundial, e foi deportado ao campo-gueto de Terezín.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -