O concello coruñés de Brión busca pular polo sector primario dos concellos que rodean á cidade de Compostela e, para iso, vén de crear un espazo de coworking na área comercial Monte Valado coa axuda da Deputación. O obxetivo é modernizar o sector primario atrávés da transformación de alimentos como as hortalizas ou zumes, de produción local dos concellos da comarca de Compostela. Os beneficios máis prácticos céntranse na posibilidade de compartir custes como pode ser o rexistro sanitario. Deste xeito, Brión pasa a formar parte xunto con Oleiros, Carballo e Boiro do grupo de concellos que conformarán a futura Rede Provincial de Centros de Traballo Colaborativo.
Home Programas Espazo Aberto Brión estrea un espazo de coworking especializado no sector agrogandeiro