Bótalle a lingua ao 2020 e despídeo con música galega en Nós Televisión!

Quen non fartou de ver remix musicais en español durante todo o fin de ano e aninovo? En Nós Televisión decidimos botarlle a lingua ao 2020! E recibir ao 2021 con música galega e en galego grazas ao traballazo que realiza GZ Música.

A partir das oito da tarde, poderedes atopar no 119 de R toda unha programación dedicada á nosa música. E se non tes R? Sempre poderás botar man da nosa lista de reprodución dos últimos programas de Gz Música. Felices festas e que o ano nos colla botando a lingua!

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego