O Mercado de Nadal volve un ano máis a Compostela, na rúa Carreira do Conde, importante punto de unión entre ensache e Zona Vella acorde ao Concello. O mercado, que se inaugurou o 1 de decembro, estará aberto ata as 9:30 da noite e disposto ata o 5 de xaneiro coas súas diversas quendas.
Falamos con Marta Lois, concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo.
Ademais do propio mercado, o Concello tamén facilitou un espazo creativo para as crianzas e un novo espazo de música, poesía e contacontos na Praza do Toural que terán lugar as fins de semana. Toda a información sobre as actividades pódese atopar na páxina web.