A obra de Valle Inclán volve á vida. Máis de 4.500 documentos e 80.000 imaxes do escritor galego estarán a partir de agora recollidas nun arquivo dixital elaborado polo Grupo de investigación Valle Inclán da USC.
Na base de datos poderemos atopar as obras desde 1988 a 1936, o froito de 20 anos de traballo do GIVIUS. A familia do escritor cedeu á USC parte da súa biblioteca persoal e aproximadamente o 80% dos documentos se derivan de prensa da época. Un traballo que consideran referente da investigación dixital das humanidades.
Non é simplemente, como advirten desde a Universidade, un repositorio ou biblioteca dixital da obra do escritor, senón que constitúe un potente recurso de investigación, grazas ao modelado de datos e ao Buscador Avanzado deseñado, que permite, entre outras posibilidades, obter nunha consulta a historia textual dunha obra —información fundamental para realizar unha edición crítica—; rastrexar concordancias; ou visualizar a rede de relacións tecida polo escritor cos axentes e organismos consignados.