Bota a andar, con tarefas de reforestación, o obradoiro de creación de emprego CREAS

O obradoiro, que conta conta cun orzamento de 360.000€, comezou coa repoboación forestal da finca de Pedra Castro en Santa Cristina de Fecha

Vinte alumnos e alumnas do obradoiro de creación de emprego CREAS, organizado polos concellos de Santiago e Ames, comezaron a tarefa de repoboación forestal da Finca de Pedra Castro, en Santa Cristina de Fecha.

A duración é de nove meses e inclúe tres meses de prácticas en empresas unha vez remate o período de formación. O obradoiro conta cun orzamento de 360.000€, dos cales 290.000 proceden da Consellaría de Economía, Emprego e Industria. O Concello de Santiago financia 60.000 e o de Ames 10.000€.

Máis traballos

Os próximos traballos prácticos serán no Polígono do Tambre, urbanización e mellora medioambiental, e en Ames coa creación e mantemento de vías forestais. Así, espérase que a formación abarque tanto a repoboación forestal e tratamentos silvícolas como o pavimento e albanilería de urbanización.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego