Borja Golán consegue o seu décimo quinto título de campión de España

Recoñecemento do Concello de Santiago ao deportista compostelán

Borja Golán foi recibido hoxe na casa do Concello de Santiago con motivo dunha nova vitoria.Neste caso, a de campión de España de squash. A recepción estivo presidida polo alcalde, Martiño Noriega. Tamén asistiron a concelleira de Deportes, Noa Morales, e os voceiros do PP e BNG, Agustín Hernández e Rubén Cela.

O deportista explicou á prensa que recepcións coma este “motivan” e amosou o seu contento xa que, mentres se realicen, significará que as cousas se están “facendo ben”.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

En 2016 Borja Golán tamén se fixo co campionato de Europa en Praga. Hoxe asinou no Libro de Honra da cidade e aproveitou para mencionar que xa ten a vista posta nos próximos partidos, que se celebrarán o mércores e o xoves en Holanda e Suíza. Tamén falou do Open Británico, que comeza o domingo.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -