“Boniatos no país do sol poniente” é unha fermosísima homenaxe ao cinema e ás mulleres labregas. A música e coidada estética de “A illa núa” son o envoltorio perfecto do proceso da rega dos “seus boniatos” que agromaron en San Sadurniño por mor da prohibición das patacas. As veteranas cineastas -sen complexo algún- demostran autenticidade, talento e agarimo para reflectir que o apego á terra e o traballoso de soster un rural vivo non é algo exclusivo de lugares afastados, senón unha responsabilidade da que terman moitas mulleres e homes ben preto de nós. Nótase ademais que o pasaron moi ben facendo a curta: “Gustaríanos que a xente goce moito véndoa, como nos gozamos facéndoa; magoa que non poidan facelo coas riquísimas tortillas que fixemos cos boniatos”.
“Boniatos no país do sol poniente”
Os traballos de cinco labregas galegas que aman aos seus boniatos. Inspirada por Oliver Laxe e Kaneto Sindo