O portavoz do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, explicou en rolda de prensa que esixirá que no Orzamento de 2018 da Xunta se inclúa unha partida para a realización da nova Escola Oficial de Idiomas e, ademais, reclama do Concello de Santiago que incorpore esta iniciativa na axenda política esta prioridade. Rubén Cela sinalou que esta reivindicación leva anos sen ser atendida.
O portavoz do grupo municipal do BNG asegurou que malia que o prazo de matrícula remata o 15 de outubro, é previsible que como todos os anos quede moita xente sen praza na Escola Oficial de Idiomas, pois levan anos reclamando a ampliación do edificio. Na mesma comparescencia reclamou do concello unha mellora na rúa de acceso á EOI e a colocación dun paso de peóns para acceder con máis facilidade.