O portavoz do BNG de Santiago, Rubén Cela, reclamou hoxe en rolda de prensa unha solución definitiva para o tránsito de vehículos e de persoas a pé en Xoán XXIII, na altura da entrada á Cidade Histórica. Para o BNG as propostas que se deron ate o de agora non son válidas polo que propoñen que se faga un estudo para valorar cales deberían ser as correctas.
O BNG lembra que é un punto “especialmente conflitivo”
Rubén Cela pediu ao goberno municipal que antes de tomar calquera decisión definitiva realice un estudo serio de mobilidade na zona.
O BNG asegura que desta maneira se podería solucionar o problema nunha zona pola que, segundo datos municipais, transitan a diario 4.000 vehículos en cada sentido.