Home Programas Espazo Aberto O BNG proporá novamente a creación dunha tarifa eléctrica galega

O BNG proporá novamente a creación dunha tarifa eléctrica galega

0
O BNG proporá novamente a creación dunha tarifa eléctrica galega

O pasado mes de decembro, o Partido Popular impedía no Parlamento a aprobación da ILP presentada pola CIG para combater a pobreza enerxética en Galiza, malia contar co respaldo de medio centenar de concellos e deputacións e máis de 17.000 sinaturas. No seu lugar aprobábase unha lei que os grupos da oposición consideran “pouco ambiciosa” e “inxusta”.

Malia ter acadadas 18.000 sinaturas e o apoio unánime de tódolos grupos políticos antes das eleccións do pasado ano, a ILP que promovía unha tarifa eléctrica galega foi vetada polo PP

Porén, o Bloque Nacionalista Galego seguirá a pelexar por modificar unha lexislación que considera “absolutamente abusiva” para a poboación galega, polo que a formación nacionalista volverá propor no Parlamento a aprobación da devandita ILP a prol dunha tarifa eléctrica propia.

A voceira do BNG lembrou que Galiza exporta unha gran parte da enerxía consumida en todo o Estado, provocando o consecuente impacto ambiental sobre o territorio sen obter ningunha recompensa ao respecto. Todo o contrario, xa que o país ten dende este ano a tarifa eléctrica máis elevada de toda a Unión Europea, tal e como denunciou Ana Pontón, quen califica esta situación como o “tarifazo” para “engordar os beneficios das compañías eléctricas”.

Así e todo, Pontón lamentou as eléctricas coma Gas Natural ou Endesa incrementen os seus ingresos en 70 millóns de euros ao tempo que “moitas familias galegas non poden acender a calefacción”.