O novo mapa sanitario que propón o goberno de Feijóo e que foi presentado a través dun anteproxecto de lei no Parlamento podería provocar máis deterioro na nosa sanidade pública. Ésta é a denuncia que realizou hoxe a deputada nacionalista Montse Prado diante dos medios de comunicación.
En Marea tamén coincide en resaltar que as medidas do PP poderían afastar aínda mais o acceso á poboación dos servizos sanitarios públicos. Eva Solla lembrou que o Consello Consultivo tamén censura a xestión do SERGAS.
Menos servizos asistenciais
Na actualidade o mapa sanitario galego está organizado en 11 áreas, sete Estructuras Organizativas de Xestión Integrada (EOXIs) e 14 hospitais. Coa nova lei desaparecen estas EOXIs que pasarían a ser áreas e as actuais áreas serian distritos.