Home Programas Área Compostela O BNG levará a pleno unha proposta para combater o monocultivo do eucalipto

O BNG levará a pleno unha proposta para combater o monocultivo do eucalipto

0
O BNG levará a pleno unha proposta para combater o monocultivo do eucalipto

Dende o ano 1990 plantáronse en Galicia máis de 400.000 hectáreas de eucalipto, o que supón un terzo da superficie total dos montes galegos. En Compostela, a proporción e aínda máis desigual: un 91% da superficie forestal está ocupada por árbores desta especie. A corporación municipal do Bloque Nacionalista Galego presentará, no pleno do vindeiro xoves, un plan forestal que declare o eucalipto como “especie invasora” e evite o “monocultivo” desta árbore.

Un plan de axudas para plantar especies autóctonas

Así e todo, o BNG proporá a creación dun plan de axudas que, pola aplicación de diferentes medidas fiscais, premie a plantación de especies autóctonas coma carballos, castiñeiros ou froiteiras. Deste xeito, combateríase a “degradación da paisaxe e do monte” que provoca o eucalipto, e ofrécese unha “visión de futuro” para o ecosistema galego.

Cumprir coas “marxes de seguranzas”

Por outra banda, a formación nacionalista esixe o cumprimento das “marxes de seguranza” establecidas para o cultivo do eucalipto, así como a eliminación daqueles exemplares que se atopen preto dos núcleos de poboación.