O portavoz do BNG de Santiago, Rubén Cela, sinalou en rolda de prensa que preguntará ao goberno municipal en Pleno que explique que fará logo de que se dera a coñecer que unha sentenza xudicial obriga ao Concello a readmitir e indemnizar o persoal da Oficina de Rehabilitación.
Dado que para o voceiro da formación nacionalista nunha cidade como Compostela debera ser unha “absoluta prioridade” arehabilitación, informa que preguntará por esta sentenza no vindeiro Pleno municipal que se celebrará este mesmo mes de setembro.
Desde o Bloque reiteran que é un servizo que contribúe ao labor de conservación do Patrimonio
Rubén Cela asegurou que o seu grupo propón recuperar “a senda de tempos pasados” mesmo dotar a Compostela dun centro de referencia internacional en temas de rehabilitación de espazos públicos e vivenda privada e para iso sinalou como elemento fundamental, ademais do concello, ao Consorcio.