Galiza produce electricidade, deberíamos pagar aquí menos por ela? A portavoz de Industria e enerxía do Bloque, Noa Presas, pensa que si e explica a Nós Televisión que no noso páis exportamos o 35% de electricidade e isto debería notarse na factura da luz.
Un dos factores do aumento da factura da luz que pagamos en Galiza é o IVE. O BNG quere que se poña un imposto máis reducido e pon como exemplo a Canarias que, por decisión gubernamental, conta cun IVE reducido para a electricidade do 3%.
Unha tarifa eléctrica galega?
Ademais Noa Presas apunta exemplos noutras nacións do Estado onde si se traballou para ter mellores condicións na tarifa electrica que mesmo facilitan a implantación empresarial. É o caso de Euskadi que xa conta cunha tarifa reducida grazas a un acordo co goberno español.
O BNG demanda por este motivo unha tarifa electrica galega que impida a escalada de prezos que vén tendo a factura da luz e que repercute, sobre todo nas familias e na competitividade das empresas que traballan no noso país.