Home Programas Espazo Aberto O BNG esixe a paralización do novo Plan de Transporte da Xunta

O BNG esixe a paralización do novo Plan de Transporte da Xunta

0
Representantes intitucionais do BNG mantiveron unha xuntanza para analizar o Plan de Transporte da Xunta

A sede nacional do BNG en Compostela acolleu no día de hoxe unha xuntanza de cargos municipais nacionalistas de todo o país para analizar as dificultades que está a crear o plan de transporte aprobado recentemente polo goberno galego. Tras esa reunión Ana Pontón, portavoz nacional do BNG, transmitiu que logo de varios días de proba esta iniciativa de Feijóo é “unha auténtica chapuza”.

Na mesma comparecencia falou o alcalde das Neves, Xosé Manuel Rodríguez, para denunciar as graves deficiencias que se están a dar no servizo nas zonas rurais como o seu propio municipio.

Xosé Manuel Rodríguez advertiu que os Concellos galegos carecen agora garantías de mantemento dos servizos de transporte

Unha mesa de diálogo

Ana Pontón anunciou que o BNG comezará unha verdadeira ofensiva nas institucións para tentar recuperar as liñas eliminadas. Para acadar ese obxectivo proporá a creación dunha mesa de diálogo polo transporte público.