O futuro das pensións é un dos temas que ten máis preocupada á cidadanía galega. Do seu presente e futuro falou a voceira nacional Ana Pontón en rolda de prensa para denunciar o que considera “unha situación insostíbel” con retribucións máis baixas no nosopaís que no resto do Estado español. Pontón sinalou que cada vez é máis grande a diferenza con outras zonas e mesmo as pensións non contributivas están xa no risco de pobreza.
.@AnaPonton denunciou hoxe que as pensións galegas son as segundas máis baixas do estado pic.twitter.com/FACMvU25mZ
— Nós Televisión (@NosTelevision) 22 de enero de 2018
Nova fiscalidade
Diante desta realidade o BNG achega varias propostas que van desde esixir que as empresas galegas paguen aquí os seu impostos ata un mellor cómputo dos anos traballados en vez do que na actualidade se está a facer.
A proposta nacionalista implica “clarificar” as fontes de financiamento do sistema público de pensións, en particular “o financiamento procedente das rendas do capital”, en relación ás grandes empresas e á banca con grandes beneficios e propón que, se os ingresos vía cotizacións non son suficientes, se utilicen os orzamentos públicos para garantir o sistema.
Indignación ante a perda de poder adquisitivo das e dos pensionistas