A situación da atención primaria volveu entrar na orde do día no Pleno do Parlamento de Galicia. O Bloque Nacionalista Galego introducíu unha proposición de lei para a mellora da situación da atención primaria amparándose no incremento de recortes que leva sufrido a sanidade galega dende o ano 2009. Montse Prado, deputada do BNG, explica que unha sondaxe expón que hoxe en día a segunda maior preocupación dos galegos e das galegas é a sanidade pública, cando hai cinco anos ese posto o ocupaba a corrupción. A deputada do BNG asegura que é posible aumentar os orzamentos pero que fai falla unha vontade política.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Nesa mesma liña, Eva Solla de En Marea expón que algunha medida para poder aumentar os presupostos sería loitar contra o fraude fiscal e incrementar a recadación. O PSOE tamén se pronuncia neste tema e o deputado Julio Torrado dá unha cifra: “case 189 millóns de euros menos que hai 10 anos”, e conclúe: “é difícil soster, como se dixo, que a atención primaria vai mellor ca nunca”.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -