Home Programas Espazo Aberto BNG e PSdeG reúnen esta tarde a cadansúa executiva tras as eleccións municipais

BNG e PSdeG reúnen esta tarde a cadansúa executiva tras as eleccións municipais

0
BNG e PSdeG reúnen esta tarde a cadansúa executiva tras as eleccións municipais

A Executiva nacional do BNG manterá esta tarde un encontro para analizar a situación creada tras os resultado electorais do 26M, en particular en relación á conformación de gobernos nos concellos e nas Deputacións. Pola súa parte, a Comisión Executiva Nacional Galega do PSdeG tamén anunciou unha xuntanza de avaliación de comicios e a posterior comparecencia do seu secretario xeral, Gonzalo Caballero.

O taboleiro político nos concellos e Deputacións apunta á necesidade de pactos entre as diversas formacións polo que o trazado dunha liña estratéxica semella indispensable. Por parte do BNG, todo parece que apunta á facilitación dos alcaldes do PSOE e a entrada nos gobernos locais nos que teñan un número de edís considerable. O caso máis complexo pode ser o de Compostela, onde sacaron dous edís que sumados aos dez de Sánchez Bugallo non lles daría a maioría absoluta.