Home Programas Espazo Aberto BNG e EnMarea insisten en pedir o rescate da AP9

BNG e EnMarea insisten en pedir o rescate da AP9

0
BNG e EnMarea insisten en pedir o rescate da AP9

O anuncio do Ministerio de Fomento de que asume a xestión doutras dúas autoestradas de peaxe, a AP-7 Cartaxena-Vera e a AP-7 Circunvalación de Alacante, e a posibilidade de que aínda faga máis causou indignación no BNG. A súa portavoz nacional, Ana Pontón, falou de “agravio” na súa comparecencia diante dos medios de comunicación no Parlamento galego e pediu ao presidente da Xunta que actúe.

Polo seu lado desde EnMarea discrepan que o PP sigan co plan de construir unha autovía paralela á actual polo gasto que supón para a cidadanía. O seu portavoz, Luís Villares, denunciouno na sala de prensa do seu grupo paramentario.

O goberno español continúa a rexeitar a recuperación pública da autoestrada AP9 e o propio Mariano Rajoy visitou estes días as obras da circunvalación de Pontevedra, o primeiro tramo da A-57, entre Vilaboa e A Ermida, seis quilómetros que estarán finalizados en 2019.