Un novo escándalo de corrupción sacude, presuntamente, ao Partido Popular de Galicia. A persoa en cuestión é o actual alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, sobre quen pesa a acusación de cobrar “sobreprezos” en Vivendas de Protección Oficial. O Tribunal Supremo vén de ratificar a condena á construtora da que el era socio, Construcuatro.
Con todo, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, salienta que, logo de coñecerse a demanda, Martín “someteuse ás eleccións” e “volveu ser elixido”, polo que foi “avalado” polas urnas. Estas declaracións foron hoxe criticadas por BNG e En Marea, que piden a dimisión do alcalde de Sanxenxo.