BNG e Compostela Aberta coinciden en mellorar as contratacións de iluminación das rúas en eventos

O alcalde confirmou que se estaba a traballar nos novos orzamentos coa idea de contratos plurianuais

As dificultades que este ano están a retrasar a correcta colocación das luces de Nadal nas rúas de Santiago non deberían repetirse. O portavoz do grupo municipal nacionalista, Rubén Cela, presentou en rolda de prensa unha proposta para mellorar os futuros procesos de contratación da iluminación de Nadal, co fin de contribuír ao seu bo funcionamento.

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, confirmou aos medios de comunicación tamén en rolda de prensa que coincidia con esta proposta e que xa se estaban a traballar nela nos orzamentos de 2017.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

O retraso na colocación da iluminacións navideña este ano así como as deficiencias detectadas na súa instalación fixeron que o concello botara man da empresa Ferrovial para que realizara as actuacións necesarias para resolver as múltiples deficiencias ao tempo que abria expediente á empresa responsable.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -