Home Programas Área Compostela O BNG denuncia o “pésimo estado” da rede de autobuses urbanos

O BNG denuncia o “pésimo estado” da rede de autobuses urbanos

1
O BNG denuncia o “pésimo estado” da rede de autobuses urbanos

A liña de transporte público de Compostela atravesa un mal momento, alterta o BNG. Segundo o último informe técnico, publicado o pasado mes de abril, os 41 autobuses activos na cidade suman un total de 325 deficiencias, entre as que cómpre salientar o mal estado no que se atopan os asentos e as portas. O BNG denuncia esta situación e instará ao goberno municipal, a través dunha proposición que se debaterá no vindeiro pleno ordinario, a dar un “ultimato” á concesionaria para que arranxe as numerosas eivas.

Segundo o devandito informe, a meirande parte dos vehículos rexistran danos no motor e perden aceite, alén de numerosas deficiencias nos sistemas de alumeado e a sinalización. Outra das cuestións que preocupa á formación nacionalista é a ausencia de ramplas mecánicas que garantan a accesibilidade universal ao transporte urbano.