Novas dificultades nas negociacións dos orzamentos para o ano 2018. O Bloque Nacionalista Galego considera que o goberno de Compostela Aberta non cumpriu coa meirande parte das previsións para o ano 2017, polo que o grupo nacionalista será máis esixente para aprobar as contas do vindeiro ano.
Rubén Cela: “Ao remate do terceiro trimestre de 2017 só se cumprira o 9% dos investimentos, é inaceptable”
Resposta do alcalde
O alcalde, Martiño Noriega, asegura que o BNG segue a ser un dos seus socios preferentes nas negociacións xunto co PSdeG e, polo tanto, estudará as súas demandas. Alén diso, considera que a mellor forma de incrementar o grao de cumprimento, é aprobando sen demora os novos orzamentos.
Martiño Noriega: “Hai unha clara maioría progresista na cidade, non se entendería que non acadásemos un acordo”
Noriega fai un chamamento á unidade e o consenso, e confía en acadar un acordo antes de final de ano. Dende o mes de outubro, o alcalde sentouse a negociar en cinco ocasións cá bancada nacionalista e a socialista.