Home Programas Área Compostela O BNG de Santiago non impedirá a aprobación dos orzamentos

O BNG de Santiago non impedirá a aprobación dos orzamentos

0
O BNG de Santiago non impedirá a aprobación dos orzamentos

Malia a disconformidade e o malestar inicial no Bloque Nacionalista Galego pola proposta orzamentaria de Compostela Aberta.

Alerta polo baixo nivel de cumprimento

A formación nacionalista bota en falta un maior consenso entre os grupos do consistorio, e critica duramente o “baixísimo nivel de cumprimento” da executiva de Noriega nos exercicios anteriores. No ano 2016, o Concello executou unicamente o 22% das actuacións previstas no capítulo de investimentos. Por outra banda, ao remate do terceiro trimestre de 2017, a cifra sitúase no 9’57%.

As negociacións van por bo camiño

Emporiso, logo de intensas negociacións entre o goberno local, o PSdeG e o BNG, os orzamentos atópanse cada vez máis preto da súa aprobación. O voceiro do Bloque asegurou que non votará en contra das contas de 2018, xa que considera que existen motivos “de peso” para apoiar a súa posta en funcionamento.

Prevalecen os aspectos positivos

 Apreciamos cuestións positivas nesta proposta

O grupo nacionalista valora que Compostela Aberta engadise ós orzamentos moitas das súas emendas, e confía en que a Xunta de Goberno mude a súa dinámica dos últimos anos e amose un maior grao de cumprimento nas contas que prevé para o 2018.

Os orzamentos do 2018 increméntanse nun 7% cunha forte aposta polas políticas sociais