BNG, Bildu e ERC presentan en Compostela a súa candidatura conxunta para as europeas de maio

Compostela acolleu na mañá de hoxe o primeiro acto conxunto da candidatura 'Agora Repúblicas' conformada polo nacionalismo galego, catalán e vasco

BNG, EH Bildu e ERC presentaron o acordo de coalición electoral aos comicios europeos que se traduce nunha candidatura conxunta que ten como obxectivos a defensa das liberdades, dos dereitos nacionais e sociais dos pobos e a loita contra a involución democrática.

Agora Repúblicas será a denominación desta alianza electoral, que dá continuidade a unha longa tradición de colaboración entre as tres nacións. “Agora Repúblicas é a Galeusca do século XXI”, indicou a líder nacionalista, Nomenclatura que en cada territorio se plasmará nunha papeleta propia: “O 26 de maio, os galegos e as galegas van poder coller a papeleta do BNG encabezada por Ana Miranda para darlle a Galiza un escano propio en Bruxelas”.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

O acto contou cunha ampla representación de cargos públicos, militantes e simpatizantes do BNG nunha presentación que abriu o intelectual e escritor, Suso de Toro. Ademais, contou tamén coa presenza de representantes de EH Bidu e da propia Esquerra Republicana de Catalunya.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -