Home Programas Área Compostela O Bloque denuncia que unha ducia de servizos do Concello “operan sen contrato”

O Bloque denuncia que unha ducia de servizos do Concello “operan sen contrato”

0
O Bloque denuncia que unha ducia de servizos do Concello “operan sen contrato”

O Bloque Nacionalista Galego advirte da situación “irregular” de “máis dunha ducia” de servizos públicos que, dende o ano 2015 en adiante, “remataron as súas concesións e están a operar sen contrato”. A esta lista haberá que sumar nas vindeiras datas, segundo informa o voceiro do BNG, Rubén Cela, os contratos de limpeza do Concello, de catorce colexios públicos e o servizo de xardinaría de Salgueiriños.

No último Pleno ordinario,a formación nacionalista advertiu ao Goberno local de que o 1 de marzo remataría o prazo legal para presentar as liquidacións do exercicio de 2017. O BNG lamenta que aínda non se coñeza este documento que “reflicte os datos reais de investimento” e “evidencia o desleixo” de Noriega.

Cela insta ao grupo de Goberno a “arranxar” a situación de “ilegalidade” destes servizos públicos para dotar á cidade dunha maior “seguridade xurídica”.