“Blablacar ou AirBnB non son Economía Social”

Mercedes Vázquez Bartomeu, da cooperativa deHistoria, sinala que non se ten que confundir coas empresas colaborativas que buscan un lucro capitalista

Facilitan o acceso a servizos compartidos e nelas a participación codadá é primordial. Grazas ao acceso ás novas tecnoloxías e os novos modelos empresariais hai certa confusión entre empresas colaborativas e as de economía social.

Poden semellar o mesmo mais non o son, e desde logo non teñen os mesmos problemas nin as mesmas vantaxes. De que estamos a falar cando falamos de empresas como Blablacar ou AirBnB?

Mercedes Vázquez Bartomeu, da cooperativa deHistoria e secretaria da Asociación Veciñal A Xuntanza, sinala a Nós Televisión que “hai quen confunde estas grandes empresas que funcionan co traballo colaborativo doutras que non buscan o beneficio empresarial”.

Entre as diferenzas que saltan á vista están, por exemplo, o propio volume de negocio. O retorno de cara ao cidadán é mínimo, se cadra o prezo máis axustado por un lado e obter certos “ingresos extras” polo outro.

En todo caso para Mercedez Vázquez hai que separar ben ambas posto que doutro xeito quen saen perxudicadas son as que traballan de verdade pola economía social de proximidade.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego