Co gallo do Día da Muller, na USC fixeron un acto público para conmerorar o 8M e sobre todo, recoñecer os esforzos emprendidos pola Biblioteca Universitaria en prol da igualdade de xénero. A través dunha mención honorífica, visibilízanse así as actuacións de concienciación de xénero e en contra da discriminación, algo que agradecen dende a biblioteca e explican que amosa unha maior implicación dos servizos e das administracións co feminismo. Recibiu o galardón a directora da Bilioteca, Isabel Casal Reyes.