Bianka Gabriela: “A expectativa de vida das mulleres trans no Salvador é de 33 anos”

Activistas LGTBI do Salvador chegan a Galicia para compartir as súas experiencias co alumnado de secundaria

“A maioría das mulleres trans do Salvador sofren de exclusión familiar”, explica Bianka Gabriela Rodríguez, presidenta de OMCAVIS, unha organización que loita a favor dos dereitos das mulleres transexuais e a comunidade LGTBI no Salvador. “Isto favorece a exclusión e a trata de persoas”, explica.

Rodríguez é unha das activistas que forman parte do proxecto de educación para a cidadanía global ‘Cooperación Galega: O Mundo que Queremos’ financiado pola Xunta de Galicia. A outra é Marcos Ignacio Molina da Organización de Mulleres Salvadoreñas pola Paz (ORMUSA). Ambas percorren oito institutos galegos para colectivizar a súa experiencia na defensa dos dereitos do colectivo LGTBI no seu país.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -