Home Programas Espazo Aberto Bescansa desbota o debate das siglas de cara as vindeiras eleccións: “Importan máis as ideas”

Bescansa desbota o debate das siglas de cara as vindeiras eleccións: “Importan máis as ideas”

0
Bescansa desbota o debate das siglas de cara as vindeiras eleccións: “Importan máis as ideas”

As primarias á dirección galega de Podemos seguen sendo foco informativo estes días. Carolina Bescansa estivo hoxe en Santiago para atender aos medios de comunicación e con actos en varios círculos. Nós Televisión conversou con ela sobre as ideas que lanzou estes días no seu programa, o lugar escollido por ela mesma foi a árbore da ciencia da USC.

Bescansa centra o seu discurso na transformación dos sectores produtivos galegos e para realizar estes cambios afirma que “hai que contar coas universidades galegas”. Tamén pensa que habería que “erradicar a corrupción” para que se poida crear ese sector “tan necesario para o país”.

Máis protagonismo para os Círculos?

En relación ás críticas á falta de protagonismo dos circulos galegos a candidata propón a realización “dunha grande conferencia política”.

Relación con En Marea

Podemos é unha ferramenta para o cambio

A poucos meses dunhas eleccións municipais e tamén europeas a relación de Podemos Galicia con En Marea vai ser obxecto de análise pola conformación das diferentes listaxes e o “paraugas” baixo o cal concurrirán. Bescansa quitoulle ferro a este asunto e sinalou que “importan máis as ideas que a forma xurídica que adopten” engadindo que “aínda queda tempo para falar diso”.

A candidata á secretaria xeral de Podemos Galicia ten previsto participar estes días en varios actos de campaña para explicar o seu programa aos círculos galegos e hoxe mesmo vistaba Ames.