Bescansa dá o paso para dirixir Podemos Galicia

“Quero axudar a Galicia a botar a Feijóo”. A deputada e fundadora de Podemos anunciou con esta contundencia que aceptaba “a invitación da Dirección Política de Podemos Galicia” para ser a vindeira secretaria xeral desta formación. “É para min un honor, unha honra e unha alegria”, asegurou a política compostelá diante os medios de comunicación.

- Publicidade -

“É unha honra, unha auténtica alegría”

Bescansa explicou que nos vindeiros días traballará para elaborar os documentos da candidatura. “Fixemos moito mais aínda queda moito por facer”, explicou.

Aínda que na rolda de prensa se lle preguntou pola súa polémica relación co lider da formación, Pablo Iglesias, Bescansa non quixo polemizar. Tampouco valorou a presentación do seu contrincante nestas primarias, Antón Gómez.Reino aínda que si comentou que “é enriquecerdor” que haxa máis dunha candidatura.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego