“Aínda me falta falar con algunha xente”. A deputada e socióloga de Podemos Carolina Bescansa foi así de directa para anunciar que non tomou, polo de agora, unha decisión con respecto a se se presentará ás primarias da formación morada en Galicia.
A política compostelá dixo que viña dunha reunión coa meirande parte da dirección de Podemos Galicia á que agradeceu que se lle propuxera presentarse ás primarias. “É preciso unha organización forte”, sinalou, “para poder mudar Galicia na modernización do país”.
Bescansa sería a proposta do actual equipo da aínda secretaria xeral de Podemos Galicia, Carmen Santos que xa anunciou que non concurrirá a este proceso e que centrará o seu traballo no Parlamento galego.