Home Programas Espazo Aberto Bertamiráns celebra do 11 ao 13 as súas festas que inclúen a III Festa do porco á brasa

Bertamiráns celebra do 11 ao 13 as súas festas que inclúen a III Festa do porco á brasa

0

As tradicionais festas da Peregrina darán comezo este venres, 11 de agosto, ás 22:00 horas. A esta hora terá lugar o pregón a cargo de Josito Porto, actor e músico galego, coñecido, entre outras cousas, pola súa participación na serie da TVG Pratos Combinados. Logo virá a III Festa do Porco á Brasa, cuxos billetes poden ser mercados anticipadamente no Bar Mero, na Casa Abelleira e ás propias persoas da comisión. O remate da cea haberá actuación do grupo Alborada.

Serán tres días, nos que haberá diversas actuacións musicais como a do grupo Alborada, a charanga Tíralle do Aire e as orquestras Capitol, Tamarindos, Poceiro e Los Player´s.

III Festa do Porco á Brasa

A III Festa do Porco á Brasa terá lugar o vindeiro venres, 11 de agosto, a partir das 22:00 horas. Os billetes xa poden ser mercados no Bar Mero, na Casa Abelleira ou ás propias persoas que fan parte da comisión. O recomendable é adquirilos antes do propio día. Este ano houbo unha rebaixa no prezo dos billetes: o das persoas adultas está a 18 euros mentres que e o dos menores de 12 anos está a 8 euros. Nesta Festa do Porco á Brasa, vaise poder degustar, alén do propio porco, empanada como primeiro prato e diferentes sobremesas.