Home Espazo Aberto Cultura ‘Benvidas ao futuro’, o novo disco de Zënzar sairá en abril

‘Benvidas ao futuro’, o novo disco de Zënzar sairá en abril

0
‘Benvidas ao futuro’, o novo disco de Zënzar sairá en abril

O novo traballo de Zënzar chámase ‘Benvidas ao futuro’ e verá a luz neste mes de abril. A xira de presentación dos rockeiros, polo de agora, atópase en suspenso pero o grupo abre a posibilidade de enviar o disco vía enderezo postal.

Benvidas ao futuro‘ é o décimo traballo discográfico dos de Cerceda. Por primeira vez na historia de Zënzar, un disco é composto, gravado e deseñado unicamente por membros da banda. Apostando polos directos enérxicos e guitarreiros habituais, Zënzar pon voz e música ós problemas persistentes na Galicia do século XXI, como é a eucaliptización do territorio, as políticas do espolio, as loitas das labregas e dos labregos, a historia das mulleres do rural, a contaminación e a defensa da nosas raíces, do noso país e da nosa lingua. Sen esquecerse de mencionar as redes sociais e as novas formas de relacionarnos que trouxo o progreso tecnolóxico, un futuro que agora non parece tan bonito como nolo pintaban.

O repertorio componse de temas do novo traballo e tamén de clásicos da banda, repertorio 100% en galego e enfocado nos problemas persistentes en Galicia e na propia historia do grupo, destancando Samurai (pertencente ó novo disco) dedicado aTabe. Entre os clásicos da banda podemos destacar moitos: Tiven un bar, Arrastrado, A culpa foi de Leño, A tribo, Casa no cementerio, etc.