A veciñanza de Arzúa, e todas e todos os visitantes, poderán contar coa recentemente premiada co Goya a actriz revelación, Benedicta Sánchez, na apertura da Festa do Queixo que nesta edición cumpre 45 anos. O pregón de Benedicta abrirá as festas o sábado 29 de febreiro ás 12 horas na carpa do campo da feira.

Que sabes de Benedicta?

Benedicta Sánchez Vila, é unha fotógrafa e actriz galega de 84 anos. Naceu na parroquia de San Fiz, en O Corgo (Lugo), desde onde a mestra de Manán de Abaixo a levou para a súa casa en Lugo, para que puidese completar os seus estudos. Con 17 anos, foi a primeira persoa en Galicia declarada vexetariana. A esa idade casou cun mozo de Pol e aos 25 anos emigrou co seu home ao Brasil. En Rio de Xaneiro traballou 15 anos como fotógrafa, ademais de nunha casa, nun bar e nunha librería. Separouse do home e tivo unha filla. Retornou a España coa filla, tendo que dar ao home por desaparecido na embaixada para poder viaxar soa coa súa filla Emma, instalouse en Valencia e finalmente volveu ao Corgo, onde vive actualmente.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

A súa carreira como actriz comezou en 2019 cando despois de que a súa filla a levara ao casting, debutou cun papel protagonista no filme ‘O que arde’, de Óliver Laxe, interpretación pola que aos seus 84 anos foi premiada co Goya 2020 á mellor actriz revelación.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -