O tecido comercial e veciñal da contorna do Parlamento abrirá o proxecto do ‘Barrio Xardín’ cunha festa o 25 de maio que xirará arredor dun mercado de flores e horticultura no parque da Constitución. Haberá obradoiros de elaboración de fermentos, demostración de pintura ou degustación de produtos ecolóxicos. No programa tamén conta un roteiro de primavera polas diferentes rúas e parques do barrio e actuacións musiciais. A festa desenvolverase durante toda a xornada, dende as 11.30 horas ata as 20.00 horas.
O proxecto foi presentado este martes pola concelleira de Desenvolvemento Económico, Marta Lois, e o responsable de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, nunha rolda de prensa na que tamén interviñeron Lola Puerta, da libraría Aenea, e María José Vilaronga, veciña do barrio. O proxecto naceu ao abeiro do programa ‘Con B de Barrio’ co que buscan trazar redes e contribuír ao desenvolvemento socioeconómico de Compostela.