Home Programas Espazo Aberto Luís Bará chama a “exhumar os restos do franquismo” e coloca o foco no Pazo de Meirás

Luís Bará chama a “exhumar os restos do franquismo” e coloca o foco no Pazo de Meirás

0
Luís Bará chama a “exhumar os restos do franquismo” e coloca o foco no Pazo de Meirás

Hai case un ano acordábase por unanimidade no Parlamento Galego instar ao Goberno do Estado a que iniciase as accións correspondentes para recuperar o Pazo de Meirás. O BNG denuncia que ata o de agora non se dera ningún paso. “Durante estes corenta anos houbo unha convivencia co franquismo por parte da Casa Real, do Goberno do Estado e do poder xudicial”, explica o deputado Luis Bará. Tamén di que a “pervivencia do franquismo crea un ambiente tóxico” e que “non permite unha verdadeira democracia”.

Proposta no Parlamento

O BNG defenderá no Parlamento a próxima semana unha proposta para impulsar a recuperación do Pazo de Meirás ao patrimonio público. “Dende o punto de vista galego o máis importante é Meirás. Do que se trata é de exhumar ao franquismo para levalo onde ten que estar: na historia“, explica Luis Bará.

“É unha proba de algodón para o goberno de Pedro Sánchez”

O deputado do BNG tamén fala de que este tema é “unha proba de lume para a democracia e unha proba de algodón para o goberno de Pedro Sánchez”. Con estas palabras, Bará di que o presidente do Goberno ten dúas opcións: “veremos se vai actuar con valentía ou se, pola contra, vai seguir sumiso“.