Home Programas Área Compostela Bandas galegas para un 25 de xullo na Quintana

Bandas galegas para un 25 de xullo na Quintana

0
Bandas galegas para un 25 de xullo na Quintana

A música “Made in Galiza” protagonizará a noite do 25 de xullo na Praza da Quintana. Será a partir das 22 horas e reuniranse no mesmo escenario cinco bandas do país: Comando Katana, Bifannah, Jay, Bala e Novedades Carminha. O alcalde da cidade, Martiño Noriega, salientou a aposta polas bandas propias nas festas de Santiago.

A de este ano será a terceira edición do encontro de bandas galegas polas festas do Apóstolo. A cita servirá, en palabras de Martiño Noriega, como “unha mostra de reivindicación da nosa identidade cultural e un concerto que proclama a nosa autoestima”.

Toda a información sobre as Festas do Apóstolo
[pro_ad_display_adzone id=”7575″  info_text=”Publicidade” info_text_position=”above” font_color=”undefined” font_size=”9″ padding=”10″ background_color=”#f2f2f2″ border_radius=”5″ border=”1″]