Balance positivo do Womex 2016

O Pazo de Raxoi acolleu a rolda de prensa na que se fixo balance desta 22ª edición do Womex coa presenza do organizador local, Nordesía Produccións, representado por Vítor Belho, a concelleira de Turismo de Santiago, Marta Lois, a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín e o xerente de Agadic, Jacobo Sutil.

- Publicidade -

O Womex tivo un importante impacto económico na cidade.

O 90% do orzamento foi investido en empresas locais (alugueiro, soldos, escenarios, catering, etc), con máis de 250 postos de traballo directos creados e 150 indirectos. O evento reuniu a 2.400 profesionais de 95 países representando a 1410 empresas. Isto inclúe 1030 promotores de eventos; 620 discográficas, editoras e distribuidoras; 620 institucións; 827 axentes de booking, 730 managers e 357 produtores. E 297 xornalistas nacionais e internacionais, con presenza de medios internacionais.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego