Desta volta foi María Rozas, Concelleira de Facenda de Santiago, quen realizou un balance do proceso de orzamentos participativos do Concello de Santiago. A edil informou dalgunhas das achegas realizadas por veciños e veciñas e por diversos colectivos así como lembrou que o proceso para realizar achegas na web remata o día 14 de outubro.