
A concelleira de Benestar animal, Noa Morales, achegou hoxe en rolda de prensa as cifras dos animais adoptados no ano 2016. A edil indicou que desde o Concello estase a colaborar con outras protectoras e refuxios estranxeiros e incluso cunha asociación que axuda ás persoas que desexen adoptar a un animal que presente algunha particularidade, como por exemplo aqueles inquedos ou que precisen un trato especial.
.@Noamsanchez fixo balance esta mañá do número de adopcións e da situación económica do Refuxio de animais https://t.co/pzbLlXCFb0 pic.twitter.com/ORwTi3YA53
— Nós Televisión (@NosTelevision) 29 marzo 2017
A nivel económico, Noa Morales insistiu en que o pasado ano foi moi bo en contas, xa que o resultado total de pagos e ganancias resultou positivo. De feito, fíxose tamén unha modificación nos prezos dos animais á hora de adoptar. Por poñer un exemplo, nos cans pasouse pasouse de 170 euros a 98 e nas gatas de 115 a 58.
A concelleira apuntou que “os animais maiores xa non supoñen un impedimento” xa que existen familias que desexan acceder a cans e gatos máis “tranquilos”. Alén diso, existe unha axuda dunha bonificación do 50% para animais que se atopen enfermos, o cal favorece a adopción daqueles que non estean nas mellores condicións e que, por isto, precisen aínda máis unha familia.