Baixa o paro no período estival

Datos positivos para Compostela e para o conxunto do País. Marta Lois, prudente tendo en conta o trimestre do que tratan as cifras.

Segundo a Enquisa de Poboación Aactiva publicada polo Instituto Nacional de Estatística relativa ao último trimestre, que vai de xullo a setembro, Galiza contou nese período con 23.900 novas persoas ocupadas; o que supón un incremento do 2,3 %. O total de galegas e galegos con traballo é de 1,05 millóns. A nivel local, en Santiago tamén se deron bos resultados. Pola contra, Marta Lois, concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, é prudente tendo en conta o trimestre do que tratan as cifras.

Na EPA tamén se revela que é o sector servizos o que máis suma nestes datos e que de todo o emprego que se suma no noso País por conta allea (27.000) é na súa grande maioría de carácter temporal (20.700)

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -