Por primeira vez o comercio de Santiago contará con axudas para a reforma de locais de negocio e a implantación de TIC’s no sector comercial. Este foi o anuncio que realizou no Pazo de Raxoi a concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois. Nesta convocatoria de axudas subvencionaranse investimentos que incorporen novos productos, procesos, métodos de comercialización ou de organización empresariais. Para este programa a concellería que dirixe Marta Lois destinará unha partida de 25.000 euros, cunha contía máxima por persoa beneficiada de 4.000 euros.