
Ponte nas Ondas no 119 de R
O proxecto Ponte… nas Ondas! leva 27 anos achegando as culturas galega e portuguesa mediante a radio. O xurado de aRi[t]mar concedeulle o Premio Especial á Embaixada da Amizade Galego-Lusófona, coincidindo coa inclusión da iniciativa no Rexistro de Boas Prácticas do Patrimonio Cultural Inmaterial da UNESCO.