
‘O portal das palabras’, este domingo no 119 de R
Poñémoslle nome a todo o que nos arrodea ou imaxinamos. Denominamos o que existe e mesmo o que deixou de ser. As palabras evocan o mundo todo e fan que as nosas neuronas faísquen para que obxectos, seres e situacións vaian pasando pola nosa cabeza. O Portal das palabras é unha iniciativa da Real Academia Galega e a Fundación Barrié.