Miguel Santalices no 119 de R

Miguel Ángel Santalices entrou na primeira liña da política despois dunha
ampla experiencia como xestor sanitario. Entre outros, dirixiu o Hospital
Xeral de Vigo e o de Ourense, lugar desde onde foi un privilexiado
observador dos avances da sanidade en Galicia durante as últimas décadas.
Conta con orgullo como, antes de se decidir por iniciar os estudos de
Medicina, o seu pai o levou a pedir consello a Don Ramón Otero Pedraio e
que este, nada máis que o animou a “tocar a gaita como o seu tío avó”, o
célebre Faustino Santalices.

A entrada en política deste arraiano, nacido no concello de Bande,
prodúcese a comezos dos anos noventa, cando se incorpora ao Partido
Popular. Desde a Quinta lexislatura do Parlamento de Galicia exerce de
deputado e é a partir do ano 2016 cando pasa a presidir esa institución.

Miguel Ángel Santalices recibe a Nós Televisión na biblioteca do Pazo do
Hórreo e ao longo da conversa vai debullando as súas ideas sobre Galicia, o
galeguismo e os retos que temos como sociedade neste século XXI.

Data

Mér, 25 Xaneiro
Finalizdo!

Hora

21:00

Hora local

  • Zona horaria: Europe/Madrid
  • Fecha: Mér, 25 Xaneiro
  • Hora: 21:00
Categoría